A Costa ponse a andar
Tanto as citas singulares e solidarias, como os programas de sendeirismo programados por varios concellos están tendo especial seguemento, demostrando que andar pola nosa natureza é unha afección que chegou para quedarse, tanto nos visitantes como na veciñanza. Esta fin de semana tanto en Vimianzo, como en Ponteceso, por partida doble, houbo saídas moi concorrodas.
Andaina Solidaria
A Asociación Abellariza organizou este domingo unha Andaina Solidaria para recadar fondos a favor da Asociación contra o Cancro de Cabana, e pensando na investigación. Unha fermosa andaina que partiu do Campo da Feira de Ponteceso, con máis de 100 persoas inscritas, e se desenvolviu pola beira do Anllóns, zona acondicionada previamente coa colaboración Asociación Campo do Río.
Na carpa da organización estiveron atendendo aos participanes as directivas de Abellariza e da Xunta Local contra o Cancro de Cabana, así como a coordinadora de Xuntas Locais Rocío García de la Barga que se desplazou dende Coruña.
Éxito de participantes na primeira ruta de “Camiñar na Noite”
O singular pero xa habitual programa de Camiñar na Noite de Ponteceso, arrincou a pasada noite venres 16 de xullo. As 30 participantes, conformadas en 3 grupos, percorreron Ponteceso, O Couto e A Graña.
A seguinte terá lugar o vindeiro venres 23 de xullo ás 22:00 horas, e na que saíran do Campo do Seixo e percorrerase Tella ao longo de seis quilómetros que marca o itinerario.
As prazas son limitadas, polo que poden inscribirse luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, ou contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico [email protected].
Recunchos de Vimianzo
O sábado tivo outra saída do programa vimiancés de Recunchos. Desta volta tocou un interesantísimo paseo pola historia e os segredos de Bamiro, do que disfrutaron as 10 persoas que permiten os protocolos.
A vindeira saída será o vindeiro 14 de agosto ata Castrobuxán, e haberá que inscribirse nesta ligazón.