Dous feridos tras un accidente en Corme
![Accidente en Guxin](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/03/26/2024032607554689231.jpg)
07:59 26/03/24
Dúas persoas resultaron feridas esta pasada tarde de luns nun accidente entre un camión e dous coches, na AC-424 entre Guxín e Corme Aldea, Ponteceso. O camión envorcou mentres circulaba pola vía, o que provocou que chocasen contra el outros dous vehículos.
O 112 mobilizou ao 061, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico, GES e Protección Civil de Ponteceso. Dúas persoas resultaron feridas.
Ademais, a estrada estivo cortada durante un rato.