Falece un mozo de Corme nun accidente de tráfico

20:04 17/12/21
Un mozo de Corme, duns 20 anos, resultou falecido nun accidente de tráfico rexistrado esta tarde de venres 17 de decembro, arredor das 17:30h, nas estradas de Ponteceso. Foi tras unha colisión entre o turismo no que circulaba e un camión que transportaba piñeiros no punto quilométrico 3 da AC-424.
A vítima quedou atrapada e os Bombeiros de Carballo tiveron que excarcelalo, tralo que os servizos sanitarios só puideron ratificar o seu falecemento.
O CIAE 112 Galicia mobilizou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil. Ademais, os xestores do CIAE 112 informaron dos feitos ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).