Luto no Fútbol da Costa polo pasamento do colexiado Lucas Vicente Vidal

08:35 18/12/21
Tráxica a nova acontecida na tarde de onte en Ponteceso. Un novo accidente de tráfico cobrábase a vida dun mozo da comarca. Trátase de Lucas Vicente Vidal, un rapaz natural de Corme, de 20 anos, moi vinculado ao mundo do Fútbol da Costa.
Sempre vencellado á familia do Corme CF, Lucas xa levaba varios anos exercendo como árbitro na subdelegación da Costa da Real Federación Galega de Fútbol.
Así, os seus compañeiros decidiron pedir a suspensión da xornada desta fin de semana. Decisión aceptada pola RFGF que suspendía as competicións costeiras de 2ª e 3ª Galicia, Fútbol Base e Veteranos.