A furna de Osmo, portada do calendario de Ceos Galegos 2023
10 de decembro de 2022 (08:37 h.)
En plena candidatura para ser considerado Destino Turístico Starlight (un dos maiores da península), nunca mellor traída a portada do calendario para 2023 do colectivo Ceos Galegos. Unha paisaxe tan característica da Costa da Morte como a furna de Osmo (Corme) vai de portada, e permite observar a Vía Láctea e constelacións típicas de verán, como a Aguia ou o Arqueiro e incluso a estrela Rosalia de Castro.
A edición 2023 deste proxecto de divulgación da ciencia a través de imaxes do ceo nocturno conta de novo cos textos explicativos do físico Jorge Mira e as poesías de Estíbaliz Espinosa. No interior hai outra imaxe da Costa da Morte, a Vía Láctea por riba do Coído de Touriñán (Muxía), unha homenaxe á catástrofe do Prestige. Neste caso, xa a sexta edición de Ceos Galegos, as dúas imaxes son do fotógrafo compostelán Fins Eirexas.
As imaxes, xunto con outras 12 de todo o país, foron escollidas entre case 100 fotografías recibidas para aparecer nesta sexta edición de CeosGalegos. Dispoñible en 90 librarías galegas e unha madrileña, entre elas dúas de Carballo (Clarión e Brañas).
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: A Furna do Osmo.
- Novembro 22: Os auditores da Fundación Starligth pasan exame á Costa da Morte.
- Xornada Ceos: “A noite é necesaria a pesar da falta de interese dos nosos políticos”.
- Drew Korme, o músico fotográfico perseguidor da Vía Láctea e prescriptor do Mar de Ardora
- I Xornadas (2021): “Alumear mellor non é alumear máis”