Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Drew Korme, o músico fotográfico perseguidor da Vía Láctea e prescriptor do Mar de Ardora

Foto de Drew Corme coa camara retratando o Mar de Ardora na Costa da Morte
Drew Corme coa cámara retratando o Mar de Ardora na Costa da Morte
Drew Korme, o músico fotográfico perseguidor da Vía Láctea e prescriptor do Mar de Ardora

Andrés García, máis coñecido desde pequeno por Drew Korme, é un amante das mesas mezcladoras, a música e un talentoso fotógrafo por rebote cuxo obxectivo enfoca de dentro cara a fóra con gran perfección. O músico fotográfico perseguidor da Vía Láctea e prescriptor do Mar de Ardora descríbese como unha persoa introvertida á que lle custa socializar con aqueles cos que non ten confianza. A este autodidacta por natureza e autoesixente sen contemplación encantaríalle crecer moito máis na música coa que se sente realizado e sen a que non pode vivir. Drew Korme presume, aos seus 29 anos, de vivir no seu Corme natal gozando da inmensidade do océano Atlántico, arroupado polo faro Roncudo e rodeado da marabillosa paraxe da Costa da Morte. Aínda que admite non ser un bo estudante, si ten claro que a súa afección pola música e as mesas mezcladoras sempre estivo presente xerando un gran interese por aprender e abrirse camiño no mundo laboral como Dj Drew.

Drew Corme pinchando en Melide

Os seus pais, Julio e Sonia, regaláronlle por Reis a primeira mesa mezcladora á idade de 15 anos. Pouco logo de finalizar a ESO e fiel a esa fantasía infantil de dedicarse á música comezou a traballar como Dj. Desde os 21 anos e ata a chegada do Covid19 transmitiu o mellor do seu repertorio cada sábado por diferentes pubs e discotecas como a emblemática pero xa desaparecida Palladium.

”O meu pai tamén foi Dj nos seus tempos mozos. Quizais herde del a miña paixón pola música. Non conseguín facerme rico pero cando es novo, vives cos teus pais e alternas con outro traballo como o foron os seguros no meu caso, o soldo é agradable”.

Durante cinco anos compaxinou a música cos seguros; traballo este último que lle permitiu dedicarlle tempo á fotografía. A paixón pola fotografía chegou por rebote e da man dun dos seus amigos aos que acompañaba durante as súas saídas nocturnas para fotografar a costa e as súas postas de sol.
”Acompañei ao meu amigo a fotografar a posta do sol no Roncudo. El tiña un equipo fotográfico, eu un simple móbil. Mentres a luz o permitía tomaba algunha que outra foto que máis tarde subía ao Tuenti. Cando escurecía o día, as miñas fotos tamén polo que o aburrimiento apoderábase de min. Foi durante eses momentos que empecei a indagar no teléfono e atopei a opción de fotografar en modo nocturno. Coloquei o teléfono no chan e fotografei as estrelas. O resultado captou a miña atención”.

Non sería ata o 2015 que Drew daría renda solta á afección pola fotografía. Os problemas de ansiedade atoparon nesta arte a mellor terapia e nos resultados e as incalculables horas de dedicación, a motivación necesaria para seguir loitando cada día para seguir crecendo.
”Pensei que o facía só porque me gustaba pero en realidade tamén o facía porque me axudaba a evadirme dos problemas. Pinchando pásame o mesmo. As fotos de longa exposición, co mar e as estrelas converteuse na miña paixón e relax”.

Este talentoso fotógrafo adestra e sensibiliza a mirada do seu obxectivo día tras días en cada particular momento onde a parte máis visible dun rexistro persoal convértese nunha realidade indescriptible e onde un simple cambio de luz pode transformar unha imaxe na fotografía soñada. Así, o pasado mes de agosto e coa intención de mellorar unha fotografía tomada con anterioridade conseguiu o seu traballo máis preciado, unha imaxe do faro Roncudo cuxo teito é a Vía Láctea e o Mar de Ardora os seus cimentos. A fascinación pola Vía Láctea, as estrelas e o ceo en xeral comeza en preescolar cando soñaba con ser astronauta.

”A Vía Láctea non é algo tan accesible como unha posta de sol. Hipnotízame estar debaixo das estrelas dun ceo despexado. Creo que sempre soñei con tomar esta fotografía. Encantaríame poder captar auroras boreais, ir a Islandia”.

Foto do Faro Roncudo co Mar de Ardora-Drew Corme
A foto favorita de Drew

Aínda que o seu primeiro encontro co Mar de Ardora produciuse o ano pasado na praia de Carnota onde se bañou e converteuse nunha das experiencias máis fascinantes e indescriptibles da súa vida, foi no mes de xullo deste ano cando percibiu que este organismo mariño que emite bioluminosidade azul estábase producindo de novo e de forma intensa na Costa da Morte. As súas fotografías foron das primeiras de Galicia en subir ás redes as cales provocaron tan revuelo que colapsaron o anonimato de Drew Korme. O fenómeno púidose apreciar durante dous meses e miles de persoas acudiron á zona, principalmente, á praia de Rebordelo para vivir en primeira liña tan impresionante agasallo da natureza.
”Vinme colapsado. Ao día contestaba máis de cen mensaxes só en instagram, concedín entrevistas, atendín a medios de comunicación... Foi unha nova terapia de choque para min enfrontarme a unha situación así”.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by drew (@drewkorme)

Segundo premio de fotografía na sección de Paisaxes Celestes en Ceos Galegos 2020, premio internacional 35 Awards ou premio Landscape Contest son algúns dos recoñecementos que forman parte dun palmarés que augura ser prometedor.

As fotografías de Andrés García, Drew de toda a vida, son maxia; imaxes cautivantes cuxo embruxo crea un universo persoal único que invita a vivir experiencias en primeira persoa. “Ponteceso Cultura Permanente”, gran descubridor de talentos e mellor promotor deles, viu a necesidade de difundir este gran labor a través de diferentes exposicións. O xa merecido referente Bar O Cruce de Ponteceso acolle na actualidade a obra do artista que continuará por Sada e o Museo Man de Camelle proximamente.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios