Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os auditores da Fundación Starligth pasan exame á Costa da Morte

Os auditores de Starlight no Ezaro en en Fisterra
Os auditores de Starlight no Ezaro en en Fisterra
Os auditores da Fundación Starligth pasan exame á Costa da Morte

Aleix Roig e Susana Malón, os auditores da Fundación Starlight, visitaron esta semana o xeodestino Costa da Morte, para coñecer persoalmente o territorio e determinar de xeito xa definitivo se Costa da Morte cumpre cos requisitos para ser merecedora do ‘Destino Starlight’, un selo de prestixio que avala a excelencia para ser referencia no eido do astroturismo.

O xeodestino, tras superar un primeiro corte, someteuse ao exame dos expertos que certificarán antes de final de 2022 se os 16 concellos que forman parte do proxecto merecen contar co selo.

Os peritos da Fundación Starlight estiveron na Costa da Morte desde o 17 ata o 20 de outubro. Nas súas visitas, programadas pola Secretaría Técnica da Costa da Morte Asociación Turísica (CMAT). Tamén participaron membros do equipo científico que asesora ao xeodestino, como Pablo Canedo e Óscar Blanco, que forman parte do grupo coordinado por Jorge Mira.

Ademais, os representantes dos concellos da Costa da Morte mostraron na Casa da Cultura de Vimianzo o compromiso co proxecto.

Encontro na Casa da Cultura de Vimianzo

Entre os lugares escollidos como puntos de interese viron a Arca da Piosa, en Zas; o encoro da Fervenza; a praia do Rostro; o Cabo Touriñán, en Muxía; o Cemiterio dos Ingleses, o Castro de Borneiro; Punta Nariga; e o Espazo Natural de Razo e Baldaio; o Dolmen de Dombate; o cabo de Santho Hadrián ou Caión.
Pero tamén pasaron Camiño de Fisterra e Muxía, O Pindo, Olveiroa, o Faro de Fisterra, o miradoiro e fervenza do Ézaro, Corcubión, Lires, etc.

Esperanzas

Agora, os 16 concellos que xa aprobaron en pleno a adhesión a este selo) (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas) esperan coñecer o resultado da auditoría antes de que remate 2022, non antes dunha segunda auditoría.
Polas palabras de Susana Malón parece que hai posibilidades. Ademais de agradecer a coordinación na viaxe, asegura que a Costa da Morte “ten moitas posibilidades de obter o certificado”, avaliando a “implicación de todo o territorio a través da implantación das novas medidas para combater a contaminación lumínica e protexer o ceo nocturno así como as actividades deseñadas e programadas para fomentar e potenciar o astroturismo”.

Novas relacionadas

Comentarios