Importantes rebaixas para as parcelas dos polígonos de Carballo, Ponteceso e Santa Comba


Facía falta solo empresarial, solo industrial. E a Costa da Morte se puxo a facer polígonos como tolos. Pero o que realmente facía falta eran empresas, e Galicia non se decatou a tempo, e hoxendía, ducias de parques empresariais están a mercé das silveiras. Para intentar solventar estes problemas as administracións levan facendo rebaixas durante os últimos tempos. Tiveron que pasar, en todo caso, 5 anos para que chegasen.
Desta volta, o Consello de Administración de Xestur Galicia aprobou hoxe bonificacións de ata o 50 por cento no prezo de venda do solo empresarial propiedade desta empresa pública dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Deste xeito, os Polígonos de Ponteceso e Carballo teñen unha Bonificación do 50% e o de Santa Comba do 30%, este último, xa practicamente rematado.
As bonificacións estarán vixente ata o 30 de novembro de 2015, e para un máximo de vendas de 500.000 metros cadrados. No momento en que foran vendidos ditos 500.000 metros cadrados as bonificacións deixarán de ter efecto.
Pola súa parte o IGVS tamén convocará, no primeiro trimestre de 2015, un concurso de venda do solo empresarial da súa propiedade, no que se aplicarán bonificacións do 50, 30 e 15 por cento nos prezos de venda das parcelas.
Novas relacionadas
- 10-10-14: Dúas semanas para completar as obras de mellora no Polígono de Santa Comba.
- 24-09-14: Máis rebaixas para ocupar o Polígono de Vimianzo.
Fonte
- Xunta.