Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Impulsan unha homenaxe conxunta a Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez

Impulsan unha homenaxe conxunta a Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez
homenaxe rexurdimento Membros das entidades organizadoras mantiveron onte unha reunión As fundacións Eduardo Pondal de Ponteceso, a Rosalía de Castro de Padrón e a Curros Enríquez de Celanova, xunto cos respectivos concellos e coa consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están a organizar unha homenaxe a estes tres autores do Rexurdimento. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo onte unha reunión de traballo con representantes das mencionadas fundacións e responsables municipais para avanzar nas iniciativas que se van poñer en marcha. Ademais do conselleiro e dos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; á reunión tamén asistiron por parte da Fundación Pondal, o alcalde de Ponteceso e presidente desta entidade, Xosé Lois García, e o membro do padroado, José María Varela; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; e en representación da Fundación Curros Enríquez o alcalde de Celanova e presidente da Fundación, José Luis Ferro, e o técnico de Cultura e secretario da Fundación, Antonio Piñeiro. Entre as accións máis destacadas, o Goberno galego busca impulsar un itinerario literario do Rexurdimento galego que conecte as figuras de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, os principais autores deste movemento cultural, político e literario da segunda metade do século XIX en Galicia e que se inaugurou coa publicación, en 1863, de “Cantares Gallegos”. Esta iniciativa completarase con outras no ámbito parlamentario e no ámbito do Goberno galego, co impulso dun Decreto para a declaración do ano 2017 como Ano Pondal e Ano do Rexurdimento. Fonte  

Comentarios