Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Lamentan a agresión ao patrimonio que supoñen as obras na Casa do Concello

Lamentan a agresión ao patrimonio que supoñen as obras na Casa do Concello
Os dous da Casa do Concello de Ponteceso estaban unidos por unha cristalera e agora por un bloque de cemento Segue activo en clave de crítica o grupo da oposición do PP de Ponteceso. Desta volta pregúntanse como o concelleiro de patrimonio, o Casmartiño e o Alcalde, García Carballido, "poden permitir semellante aberración arquitectónica na Casa do Concello". O PP fala das obras que unen os dous edificios, novo e vello, que se mantiveron "separados" polo goberno do PP para manter a singularidade do antivo, construído entre 1927 e 1930 nun solar doado pola familia de Pondal. Para o PP esta “obra menor”, como lle informou que ía ser o Concello, rompe o valor do edificio. E de paso critican a realidade persoal tanto do Concelleiro como do alcalde. "Realmente, non nos sorprende moito que nin Carballido nin Casmartiño, que non son de Ponteceso, non saiban sobre o valor do edificio, construído con aportacións de familias de Ponteceso para poñelo en pé. Sorprende, eso si, que un veciño do pobo, e Tenente de Alcalde actual, responsable de obras, como Pose Verdes, permitirá tal aberración, se non foi el o artífice. A outras aberracións xa nos tén acostumado, algunha visible, como o esquelto da A.C Río Anllóns, á beira do río pero, esto roza o pasotismo absoluto por preservar un edificio construído a base do esforzo da veciñanza e que forma xa parte do patrimonio local", sinalan.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-ponteceso-continua-criticando-o-gasto-do-concello/ https://quepasanacosta.gal/ponteceso-comeza-o-mes-de-setembro-entre-leas-e-sen-orzamentos/

Comentarios