Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso atribúe a acumulación de 3 millóns de débeda ao goberno de Carballido

Casa Concello de Ponteceso
O Concello de Ponteceso atribúe a acumulación de 3 millóns de débeda ao goberno de Carballido

Vén de recibir os resultados dunha auditoría externa o Concello de Ponteceso para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023. E o grupo de goberno popular quere facer pública a situación económica municipal, sinalando que na actualidade, as contas locais reflexan unha débeda de 2.984.375,95 euros, dos que 1.796.467,38 euros corresponden a endebedamento bancario e 1.187.908,57 euros están pendentes de pago a provedores. 

Deses 3 milóns totais de débeda, 2,9 corresponden "a anteriores mandatos", denuncia o grupo de goberno, "o que é o mesmo, o 97,33% do endebedamento municipal foi contraído antes da chegada do actual equipo de goberno".

Apuntan que dos 1,187 millóns de facturas sen pagar, "1.105.025,80 euros corresponden a cargos adquiridos entre os anos 2020 e 2023".

Unha vez remate esta análise, abonará todos os pagos a provedores co remanente de 1,58 millóns do que dispón na actualidade
Tras o abono das facturas, Alcaldía analizará xunto co Servizo de Intervención de que xeito utilizar o saldo restante, que "podería ir destinado minimizar a alta débeda bancaria do Concello de Ponteceso ou a novos investimentos". Todo tendo en conta que "a prioridade do goberno local e de Intervención é non comprometer a situación da tesourería, que debe ter fondos suficientes para facer fronte aos pagos periódicos e a posibles necesidades que xurdan".


 

Comentarios