Luís Soto, primeiro alcalde de barrio en Ponteceso
12:34 15/11/24
Luís Soto confímase como a primeira persoa que fará no Concello de Ponteceso de alcalde de barrio. Unha figura que funcionará como vía de comunicación entre a veciñanza e o rexedor, intentando que as necesidades de cada parroquia, de cada aldea, cheguen de forma directa ao Concello.
Luís Souto xa é o novo alcalde de barrio, ou pedáneo, da parroquia de Xornes, dando un gran paso para a mellora da participación cidadá na vida política municipal
Dende o Concello sinalan que designarán unha destas figuras para cada unha das parroquias do municipio, coa excepción de Ponteceso e Corme, onde serán os membros do equipo de goberno quen asumirán esta responsabilidade.