Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Non-Festas da Pilarica da Trabe

Festas da Pilarica da Trabe-Ponteceso-2020
Festas da Pilarica da Trabe-Ponteceso-2020
As Non-Festas da Pilarica da Trabe

Tempos tristes para as comisións de festas… Moitos botan de menos aquel percorrido previo pasando o imposto revolucionario por vivendas e casas comerciais escoitando a obrigatoria resposta: “que o pasarrúas pase por diante da porta, eh!”. Outros lembran con morriña aquelas tardes cheas de nervios a semana antes das festas, nas que collían vacacións para poder dedicarlle o tempo unha das súas paixóns: traer as mellores orquestras á súa aldea.

O que seguro que tod@s botamos de menos son esas sesións vermús, eses pasodobles coa veciña Maribel da man da orquestra palleira de turno; ou esas verbenas nas que van caendo toda clase de tópicos musicais, cada día máis latinos, da última década.

Pola Trabe, a Comisión de Festas (unha comisión con dereitos hereditarios) non queren deixar este 12 de outubro pase desapercibido. Por iso, polas Festas da Pilarica, quxio darlle un toque especial. A empresa colaboradora Axuste Gráfico falou con mítico Luis Davila para ilustrar esta edición da “non-festa” dun xeito especial, e co axuda do Concello artellaron un pequeno programa cultural.

Festas da Pilarica de Ponteceso 2020

A comisión farase cargo cargo da misa, pasarrúas e as bombas. E gracias á colaboración municipal poderán disfrutar dunha sesión vermú (sen agarrados) ca charanga Fanfarria Taquikardia en clave de pasarrúas. E pola tarde, sesión riseira co espectáculo Crunch da “Compañía Muu”, en principio no campo da Feira, e se chove, no pavillón.

Comentarios