Novas melloras de humanización para o núcleo pontecesán de Cores
A substitución dos tendidos eléctricos, por unha rede soterrada para o alumeado público, a dotación de alcantarillado e a pavimentación dunha praza, serán algunhas das actuacións que se levarán a cabo no núcelo de Cores, en Ponteceso, gracias ao financiamento da Deputación. Unha actuación que ten como finalidade a modernización e dinamización do lugar coa dotación de infraestruturas axeitadas que axuden a potenciar a aldea como núcleo etnográfico-turístico, mellorando os servizos para os veciños.
A obra máis singular será a que inclúa os traballos de canalización da rede de saneamento e telefonía que optimizarán a calidade dos servizos na zona, para o que será necesario o levantamento do pavimento dos camiños existentes na actualidade. Por outra banda, as obras completaranse co asfaltado dunha praza no medio da calzada con lousas de granito e formigón.
Con esta intervención, contribuirase a conservación da esencia tradicional da aldea de Cores que posúe valores arquitectónicos, etnolóxicos e turísticos que a converten nun dos enclaves únicos do Concello de Ponteceso. Por iso, a urbanización deste espazo potenciará os elementos de interese patrimonial e cultural da zona.
Fonte
- Deputación.