Novo Curso para desempregados de Carroceiro de vehículos para o IES de Ponteceso

Segue afianzando o seu foco formativo no eido da automoción o IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

O centro educativo informa de que recentemente a Consellería de educación en acordo da Consellería de Emprego, autorizan unha Acción Formativa para Desempregados que se levará acabo nas instalacións do centro en Ponteceso.

Nun principio o horario será de 15:00 a 21:00h. e a duración é de 550h. Será necesario anotarse na oficina de emprego de Carballo ou dirixirse ao centro educativo antes do 27 de marzo.

Podes ver aquí toda a información.