venres. 17.01.2025
El tiempo

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso estrea nova aula tecnolóxica de automoción

Aula tecnolóxica IES Eduardo Pondal
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso estrea nova aula tecnolóxica de automoción

A familia de Transporte e mantemento de vehículos do Instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso leva desenvolvendo ó longo de varios meses unha serie de reformas para adaptar unhas instalacións paradas e en desuso á unha nova aula tecnolóxica.

Este novo espazo tecnolóxico, seleccionado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, entre moitos proxectos, permite ter unhas novas instalacións no IES Eduardo Pondal no cal se incorporan tecnoloxías máis actuais destinadas a calibrar os diferentes sistemas dos vehículos de axudas a condución como son as cámaras, radares, etc.

Este novo taller, “Aula tecnolóxica para a calibración e aliñación de vehículos”, permitirá tanto a alumnado, profesorado e incluso profesionais do sector aprender e traballar coas novas tecnoloxías.

Comentarios