O IES Eduardo Pondal de Ponteceso afía a formación específica de FP de automoción

07:40 03/02/25
Potencia autonómica xa é o IES Eduardo Pondal de Ponteceso na rama de Transporte e Mantemento de Vehículos, na súa continua aposta pola especialización, pensando en continuar aprendendo e compartindo coñecementos é clave para afrontar e seguir avanzando na transición cara a un futuro cambiante na profesión de Automoción.
Neste eido, o pasado xoves, o alumnado desfrutou dunha introdución á Peritación en Automoción.
Dende o centro afirman: “Como centro educativo que aposta pola Formación Profesional, evolucionamos e adaptámonos a avances tecnolóxicos e consideramos primordial formar ao alumnado para as diferentes saídas profesionais, fomentando a especialización”.