Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O IES de Ponteceso eleva a seis os seus ciclos de FP co novo CM de Carrozaría

IES de Ponteceso
O IES de Ponteceso eleva a seis os seus ciclos de FP co novo CM de Carrozaría

Boas novas para a formación na comarca. O IES Eduardo Pondal vén de conseguir o Ciclo Medio en Carrozaría para o de cara ao vindeiro curso académico 2024-2025. Nos vindeiros días, farase oficial que o centro educativo do municipio pontecesán contará cunha nova formación, elevando así a seis a súa oferta de Ciclos Formativos.

Así, tan só Carballo, con 11 formacións, supera a media ducia que agora acada o Concello de Ponteceso. Ao Grao Medio de Carrozaría, que contará con 22 prazas, engádase o de Electromecánica de vehículos automóbiles e o de Atención a Persoas en situación de dependencia. 

A maiores, o IES Eduardo Pondal conta cos Graos Básicos de Actividades Domésticas e limpeza de edificios e de Mantemento de Vehículos e co Grao Superior en formación dual de Automoción. En total, a localidade ofertará o vindeiro curso 127 prazas de Formación Profesional.


 

Comentarios