Venres. 26.04.2024
El tiempo

O peirao de Corme estará listo e ampliado a comezos de outono

O peirao de Corme estará listo e ampliado a comezos de outono

A comezos deste outono, a finais de setembro, o peirao de Corme estará en funcionamento, dous meses antes do vaticinado. Así o corroborou a pasada mañá, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, que visitaba as obras de ampliación do peirao nas que a administración pública está a investir 2,1 millóns de euros.

A obra habilitará novos atraques e un espazo en terra para as tarefas de descarga e organización. Con este obxectivo, alongarase a aliñación do actual peirao, en 23 metros, e ampliarase a superficie cunha segunda aliñación, paralela ao dique, de 90 metros de lonxitude e 30 de anchura.

O novo peirao terá un calado de 5 metros, nos primeros 23 metros dende a costa, e de 7 metros nos 90 restantes, rematándose a fronte final cunha escollera en talud que permita a amortiguación da posible ondaxe incidente. Finalmente, o proxecto contempla tamén a instalación dos elementos complementarios, tales como escaleiras metálicas na vertical dos peiraos, defensas verticais (tanto na zona xa existente como na ampliación), boiardos de amarre de 50 toneladas; bitas, de 65; e argolas. Ademais executaranse canalizacións de auga e enerxía eléctrica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.

Comentarios