O proxecto de posta en valor dos Petroglifos de Corme segue avanzando

Parece que vai adiante o Proxecto de Promontorio de Corme, que pretende facer da arte rupestre un valor cultural e turístico. O proxecto presente poñer en valor os petroglifos do Meixoeiro, o Petón da Campaíña, o petón da Regaíña, emais a Pedra da Serpe.
Gracias á concentración promovida polo Colectivo A Rula, a Fundación Eduardo Pondal e Suso Lista, o proxecto vai tomando forma da man do arqueólogo Mario César Vila. Agora, despois das importantes limpezas e desbrozaduras, a Concellaría de Cultura de Ponteceso xa está preparando dous roteiros que permitan acceder ao Promontorio (que a día de hoxe está ocupado por un parque eólico) e dende aí aos puntos de interese, onde ademais haberá sinalización explicativa.
Haberá que seguir de preto este proxecto.
Novas relacionadas
- “Corme debe estar cheo de Petroglifos”.
- Recunchos da Costa: Os Petroglifos de Corme.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).