Martes. 23.04.2024
El tiempo

O tenso pleno pontecesán remata sen oposición

O tenso pleno pontecesán remata sen oposición

Foi o deste luns un Pleno Extraordinario Urxente convulso en Ponteceso. Os tons empregados por alcalde de oposición socialista foi crecendo ata que rematou coa expulsión por parte do alcalde do voceiro do PSOE, Xosé Lois García Carballido. Unha nova demostración de como non se debe debatir nas sesións plenarias.

Antes de ser expulsado o voceiro do PSOE esixía un repaso ás débedas do Concello, concretamente un crédito de 183.000€. Segundo sinalan dende a oposición, "o Alcalde procedeu á votación cando a exposición do concelleiro da oposición só levaba esgotados dous minutos" expoñendo a súa oposición á aprobación da "da liquidación 2010, que deixa un remanente de tesorería negativo de 1.260.000 euros, un déficit de case o 25% do orzamento", segundo apuntan dende o PSOE.

Foi aí cando o alcalde, Fondo Aguiar, ordenou, "sen os 3 avisos que indica a lei", á Policía Local que se expulsara do pleno ao concelleiro do PSOE.

Non foron só os seus compañeiros do PSOE os que abandonaron a sala con el. Os concelleiros do BNG e do APIN tamén marcharon do pleno en solidariedade e en protesta pola actitude do alcalde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios