Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico

Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico
Antonio-Rivera-Jose-Santos-presidente-e-Fernando-Rivera-dos-Empresarios-de-Ponteceso

Arrincaron ca campaña de Nadal os membros da Asociación de Empresarios de Ponteceso. O lema deste ano é: "Nadal tres punto, cero, cero, cero" coa ide de facer un guiño as novas tecnoloxías. I é que para na entidade están moi concienciados no uso das novas tecnoloxías no comercio e no sector empresarial, e ese tema marcará moito a folla de ruta da asociación durante o 2014.

De feito, van inaugurar en breve unha aula de teleformación en colaboración coa Asociación de empresarios do Polígono de Tella.

Xa en clave de nadal, a campaña de 2013 dos empresarios de Ponteceso, reparte de novo moita ilusión entre os seus clientes, e máis de 3000 euros en premios. 10 vales de compra por valor de 300 euros nos establecementos colaboradores. Haberá dous sorteos un o 20 de decembro e outro o 8 de xaneiro en directo na radio, con 5 vales gañadores en cada sorteo.

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Ponteceso.

Comentarios