xoves. 02.10.2025
El tiempo

En outubro, Ponteceso é de cine con Ángel de la Cruz

Foto-Angel-de-la-Cruz-02-1-e1741688435145
O cineasta herculino Ángel de La Cruz achega o seu cine
En outubro, Ponteceso é de cine con Ángel de la Cruz

Ponteceso Cultura Permanente (PCP) organizou un ciclo de cine para os venres do mes de outubro, ás 22:00 h, no Edificio das Escolas.

As catro películas foron producidas por Ángel de la Cruz, cineasta herculino narrador de historias cuxo cine é unha exploración persoal, unha mirada propia sobre as emocións humanas. Conta con numerosos premios nacionais e internacionais (Goya, Mestre Mateo e mesmo estivo preselección ao Oscar a la Mejor Película de Animación).

Memorias de un hombre en pijama, Los muertos van deprisa, Marola e O home e o can son os títulos elixidos para este primeiro ciclo.

Memorias de un hombre en pijama, película nominada ao Goya e con premio Gaudí á mellor película de animación, é a historia de Paco, un solteiro de 40 anos que, na flor da vida, cumpre un soño da infancia: traballar desde casa en pixama. Con todo, xusto cando alcanzou a cima da súa felicidade persoal, aparece Jilguero, unha moza da que se namora e que debe afacerse a que o principal obxectivo do seu home é quedarse na casa en pixama. Esta é tamén unha historia sobre os solteiros, as parellas e os amigos que, coas súas divertidas anécdotas, inflúen nas súas vidas e a súa relación.

Ponteceso Cultura Ponteceso agradece a xenerosidade de Ángel de la Cruz e a colaboración do Concello de Ponteceso.

Comentarios