Xoves. 16.09.2021
El tiempo

O PAC de Ponteceso necesita melloras nas infraestruturas e máis persoal

PAC de Ponteceso
O PAC de Ponteceso necesita melloras nas infraestruturas e máis persoal

O estado da Atención Primaria do sistema sanitario público galego segue e estado “catastrófico”. Así o califican os propios profesionais que cada xoves saen ás portas dos seus Centros de Saúde para protestar”. Un exemplo é o do PAC de Ponteceso, que necesita melloras das súas infraestruturas, así como melloras de persoa.

Así llo transmitían dende o Concello ao Conselleiro de Sanidade o pasado mes de marzo, cando o Conselleiro se comprometía a realizar as melloras ao longo deste ano. Este pasado venres o Concello remitía de novo a carta na que se pide “reforzar os recursos humanos no PAC para evitar que o centro quede sen médico cando o facultativo sae a unha urxencia e poder así seguir atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas do concello.

Ademais, piden aumentar os servizos para os usurarios con novas especialidades, así como tamén acometer melloras nas infraestruturas do centro. Semella que a cousa non se vai esquecer, pois xa o pasado venres un equipo de mantemento do Sergas estivo a realizar tarefas de reparación do tellado do edificio do centro médico e PAC de Ponteceso.

comentarios