Avanza o Regulamento de Participación Cidadá presentado polo BNG en Ponteceso

Avanza a moción presentada polo BNG e aprobada por unanumidade en xuño sobre a participación cidadá no Concello de Ponteceso. A mesma disporá en breve dun Regulamento que permitirá á veciñanza intervir nos plenos, xaque despois das comisións de transparencia actualmente atopase na fase final de redacción e será público en breves.
“Este regulamento facilitará á veciñanza a participación directa na vida política do municipio e isto é moi importante para evitar a desafección política e acadar unha maior implicación veciñal”, di a voceira municipal, Fátima Rodríguez Gonzálvez.
Se ben no mandato do 2015-19 se permitiu a realización de preguntas ao remate dos plenos á veciñanza presente, naquela ocasión non se chegou a materializar ningún regulamento que ordenara e oficializara esta canle de participación.
A participación da veciñanza nos plenos poderse realizar través de tres mecanismos:
• facendo preguntas previamente rexistradas ao goberno municipal,
• rexistrando mocións para a súa aprobación polo pleno,
• unha quenda rápida e áxil de intervención veciñal para aclarar cuestións tratadas previamente no propio pleno.
Este Regulamento, a maiores das peticións do BNG na moción de xuño, tamén ordena outras canles de participación veciñal como as Asembleas Parroquiais e a existencia dos alcaldes de barrio. “A dos alcaldes de barrio parecenos unha figura totalmente innecesaria hoxe por hoxe para unha poboación como a de Ponteceso, a maiores de que o sistema de nomeamento é absolutamente antidemocrático e máis lembra a tempos pasados alleos á liberdade” - expresa a concelleira do BNG.