Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ponteceso bótase a andar na noite… e na mañanciña

Caminar na Noite Ponteceso 2023
Ponteceso bótase a andar na noite… e na mañanciña

Os venres de xullo e agosto son días de andar, pola noite e pola mañanciña, por Ponteceso. O exitoso programa desenvolto por Javier Couto, técnico de turismo do Concello pontecesán, volve cunha nova edición con saídas de 6 km, para que é necesario levar chaleco reflectante e lanterna.

A primeira saída para disfrutar do noso ceo xa foi o pasado venres, polo Anllóns. Este venres 14 toca por Corme Aldea, con saída do Local Social, coma sempre ás 21:30.

Ademais das saídas nocturnas, nas mesmas datas haberá as mesmas rutas ás 8:00h na novidade deste ano, estreando o programa “Camiñar á fresca”.

Cómpre inscribirse previamente de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30h no Concello ou na sede electrónica municipal.

 

Comentarios