Ponteceso clausurou as súas Escolas Municiais artísticas
Días de clausuras en Ponteceso. O pasado martes tocaba o peche da Escola Municipal de arte, que cumpríu o seu primeiro ano con alta participación. Onte era o turno das escolas de teatro e música, tamén cheas de alumnos, dende peques ata adultos.
Foron clausuras moi emotivas, i é que tras un curso enteiro de convivencia xa se tecen trazos, non só sobre o lienzo, se non tamén no eido persoal. Por exemplo, este foi o primeiro ano da Escola de Arte, que impartiu Eloy Boedo, natural de Buño. Unhas clases que arrincaron en outubro, e con 60 alumnos chegaon a facer estas marabillas que podemos contemplar. Había dende nenos de 5 anos ata maiores, así que dado o éxito, o ano que vén, repetirán seguro.
O mesmo pasará coas ateigadas escolas de teatro e música municipal que onte pechaban o curso tamén dun xeito moi emotivo no Edificio das Escolas en Ponteceso.
Máis clausuras
Ademais, o vindeiro venres 6 de xuño ás cinco da tarde, no pavillón municipal en Ponteceso, terá lugar a clausura das escolas deportivas municipais, que contan cun completo Programa de actos.
Campamento de verán
E o Concello informa que do 3 ao 10 de agosto, oferta este campamento para nen@s de 7 a 13 anos (nacidos entre 2001 ao 2007). Ofértanse 35 prazas que serán asignadas mediante sorteo público perante a Secretaria. Inscricións ata o 9 de xuño na Oficina Municipal en Corme ou Departamento de Deportes do Concello.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).