Martes. 15.10.2024
El tiempo

Ponteceso Cultura Permanente achega a José Ángel Mañas a Cee e Ponteceso

Jose Angel Manas zenda libros
Jose Angel Mañas. Foto: Zenda Libros
Ponteceso Cultura Permanente achega a José Ángel Mañas a Cee e Ponteceso

Ponteceso Cultura Permanente trae a Ponteceso e a Cee a José Ángel Mañas, novelista todoterreo, guionista con Goya, articulista e gran afeccionado á historia. O autor de, entre outras obras, Historias del Kronen, Pelayo, El Hispano, Guerrero... ten unha apretada axenda que comeza o venres 6 no IES Fernando Blanco de Cee onde terá un encontro con 60 alumnos dese centro e ás 11:30 h impartirá a charla "Del Kronen a las Navas de Tolosa, historias de un novelista todoterreo" co alumnado de Bacharelato e 4º da ESO no IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

O sábado 7, ás 12:00 h presentará a súa nova novela, Berenguela, la librería A tenda dos libros. Berenguela a Grande foi raíña de Castela un único día antes de abdicar no seu fillo Fernando III o Santo. Filla de Alfonso VIII, o vencedor das Navas de Tolosa, e nai do conquistador de Andalucía. Así pasou á historia, pero na realidade foi a facedora que conseguiu a unión definitiva de Castela e León, a cogobernanta durante trinta anos destes dous reinos e a encargada de fornecer homes e diñeiro ao seu fillo mentres este tomaba Córdoba e, na práctica, expulsaba aos musulmáns da península.
O mestre de cerimonias do acto será o escritor Rodrigo Costoya, autor das recoñecidas obras Portosanto e El custodio de los libros, Hijos de Gael e Misarela. Un encontro único entre dous escritores de novela histórica que non deixará indiferentes ás persoas asistentes, que poderán tomar un aperitivo e conversar cos autores. 

O domingo 8 remata a fin de semana de José Ángel Mañas na Costa da Morte. Presentará Berenguela na Casa da Cultura de Cee, ás 12:00 h.
 

Comentarios