Ponteceso xa pon data para a Festa do Maior
07:50 23/02/26
O vindeiro 2 de maio levarase a cabo a primeira edición da Festa do Maior, unha iniciativa impulsada polo Concello de Ponteceso para promover a convivencia e o recoñecemento ás persoas do municipio que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran ao longo do ano 2026.
A celebración nace coa vontade de render homenaxe ás xeracións que contribuíron de maneira decisiva ao desenvolvemento de Ponteceso, recoñecendo a súa traxectoria, experiencia e os valores transmitidos ao longo dos anos.
O alcalde destacou que “esta festa é unha mostra do respecto e do agradecemento que queremos trasladar ás nosas persoas maiores, fundamentais na construción do Ponteceso actual”, e subliñou a intención de que esta cita se consolide como unha celebración anual.