Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP denuncia ao alcalde de Ponteceso por non convocar un pleno solicitado pola oposición

Un pleno en Ponteceso
Un pleno en Ponteceso
O PP denuncia ao alcalde de Ponteceso por non convocar un pleno solicitado pola oposición

Non decae o esperpento político de Ponteceso. Desta volta é o PP o que afirma que levará ante a xustiza a negativa do alcalde de Ponteceso a convocar un pleno solicitado pola oposición. Un pleno que trataría asuntos como a audotoría das contas municipais (para coñecer a realidade das famosas facturas pendentes) ou a licitación do importante Servizo de Axuda no Fogar.

O PP, ademais de denunciar ante a xustiza, vai levar o caso ante a Valedora do Pobo Tamén exporá a situación “antidemocrática” que se está a vivir no concello ante a Valedora do Pobo para “conseguir algunha defensa ante o que está a pasar aquí”.

“O PSdeG ten unha responsabilidade importantísima en todo o que está a suceder en Ponteceso. Eles, e sobre todo Valentín García Formoso, están a manter a un alcalde en clara minoría e con nulas intencións de traballar, o dano que está a facer ao noso pobo é xa irremediable”, asegurou García Cotelo en clara referencia a perda dos cartos do POS ou as moitas axudas que podería obter o municipio e que, polo actitude “ditatorial” do alcalde, estanse a perder. Por iso lle piden que “fagan dimitir xa a Lois García Carballido e deixen de prexudicar a todo un pobo”.

Novas relacionadas

Comentarios