Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Queixas nas confrarías costeiras ante a decisión de Portos de prohibir a reparación de barcos nos peiraos

Prohibicion Portos de Gallicia
Queixas nas confrarías costeiras ante a decisión de Portos de prohibir a reparación de barcos nos peiraos

Gran malestar no sector do mar ante as novas restricións de portos de Galicia. Dende fai un tempo mariñeiros e mariscadores están vendo como pouco a pouco se está prohibindo realizar certas actividades nos peiros, ao tempo que se fomenta o pago por cousas que son necesarias para o desenvolvemento do noso traballo. Un exemplo claro é o cobro por parte de Portos por depositar nasas, aparellos…

Esta semana aparecía un novo aviso nas Confrarías: prohíbese a manipulación e reparación de embarcacións en zona portuaria.

Así o denuncian dende a confraría de Corme, que ademais de amosar a súa repulsa aproveitan para “recalcar o estado deficiente e precario do porto de Corme, posto en coñecemento de Portos de Galicia no momento da toma de posesión dos actuais cargos, aló polo ano 2018”.
“Nestes tres anos apenas podemos facer uso dos pantaláns polo seu mal estado de mantemento e conservación, e malia todo, Portos de Galicia, pasou a correspondente comisión polo seu uso”, lamentan.

Dende o pósito cormelán critican tamén que Portos cobrase este mes de xuño unhas comisións abusivas, acumuladas dende o mes de xaneiro por mor do retraso da administración, pero sobre todo porque “a pesar de todos estos cobros polo uso e ocupación do espazo do porto, Portos de Galicia non garante nin cubre roubos nin desperfectos que poidan acontecer.”

Así, se non se pode depositar as nasas, aparellos… sen pagar; se non se poden reparar embarcacións; se non se dispoñen de boas instalacións e servizos; se non se pode disfrutar da pesca recretativa; se non se pode ter embarcacións paradas no porto salvo con taxas abusivas…. “Que é un porto pesqueiro? Un banco para recaudar?” pregúntanse.

comentarios