Os trasn@s percorren a bisbarra
09:49 13/07/20
Xa están aquí. Os trasnos do Camiño dos Faros xa se reproducen polo noso litoral. Onte cazaron por Ponteceso medio centenar deles chegados dende Boiro, Catoira, Castro Caldelas e Caldas de Reis. Era unnha viaxe organizada pola axencia de viaxes Aromatur, que volve demostrar o potencial turístico deste produto, que segue esperando polas administracións para a súa homologación.
O Concello pontecesán tivo que colaborar axudando a catro persoas dese grupo que se lesionaron na aldea do Roncudo e en cabo Roncudo, así como de achegarlles a Corme o avituallamento que deixaran encargado nun establecemento hostaleiro do concello.
Os visitantes foron recibidos polo técnico de Turismo, Javier Couto e, ademais de percorrer a segunda etapa do Camiño dos Faros, desfrutaron da hostalería local. Os participantes concluíron que quedaron satisfeitos coa viaxe e contentos da atención recibida.