Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Un afeitado para os petroglifos de Corme

Un afeitado para os petroglifos de Corme
Afeitando os petroglifos de Corme Afeitando os petroglifos de Corme

“Corme debe estar cheo de Petroglifos”. Xa nolo dicía Suso Lista, un dos descubridores e difusores deste tesouro patrimonial bergantiñán. Uns espazos que precisan un impulso de todas as partes da zona para “situar esta xoia artística como lugar emblemático nas rutas de interese arqueolóxico”.

Como ese obxectivo a Concellaría de Patrimonio do concello de Ponteceso, levada por Carlos Penedo, do BNG, organizaba onte unha xornada de limpeza e desbroce na finca na que se atopa o o conxunto de petróglifos de O Meixoeiro, en Corme, o máis interesante e relevante do municipio. Un “afeitado” que parece demostrar que as administracións, por fin, amosan o respecto e preocupación que merecen.

Levouse a cabo tamén o proxecto de control arqueolóxico da limpeza da finca, dirixido polo arqueólogo José Francisco Doval Galán. Unha acción “a prol da visibilización, coidado e difusión turística dos bens de interese cultural”.

Petroglifos do Mexilloeiro en Corme 2 Traballos nos Petroglifos do Mexilloeiro en Corme Petroglifos do Mexilloeiro en Corme 3 Petroglifos do Mexilloeiro en Corme

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios