Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Cupón para espallar a Pondal por todo o Estado

Un Cupón para espallar a Pondal por todo o Estado
CUpon da ONCE por Pondal

Fermosa iniciativa da Real Academia Galega de ilustrar un Cupón da Once con unha imaxe do bardo Eduardo Pondal conservada no arquivo da Academia, no marco dos actos que conmemoran o centenario do seu falecemento. "É o Eduardo Pondal novo e romántico do Banquete de Conxo, que é o que a min máis me gusta", destacou Xesús Alonso Montero, opresidente da Real Academia Galega, na véspera do aniversario do xantar de irmandade que xuntou en 1856 estudantes universitarios e obreiros.

Un feito que permitirá que “o autor dos versos máis recitados da literatura galega", en referencia á letra do Himno, poida así ser coñecido por primeira vez por persoas de todo o territorio do Estado, como recoñeceu o proipio presidente.

Serán nada menos que 5,5 millóns de cupóns coa cara do poeta pontecesán os que se porán á venda o 9 de marzo.

Cupon da ONCE de Eduardo Pondal

Fonte

Comentarios