Un home falece ao caerlle unha árbore enriba en Ponteceso

Como estamos estes días de traxedias na Costa da Morte. Arrincaba a semana cun falecido en Fisterra ao caer do seu tellado, e esta tarde de xoves 16 de abril, un home falecía tras caerlle un piñeiro enriba cando estaba a cortar leña, na parroquia de Pazos, no concello coruñés de Ponteceso.

Trala alerta dun particular, minutos antes das 17:00 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, que só puido confirmar o falecemento da persoa. Ata o lugar desprazáronse, ademais das forzas da orde e dos efectivos sanitarios, o persoal do GES de Ponteceso.

Os axentes da Garda Civil confirmaron que non se trata dun accidente laboral, xa que o home estaba a realizar tarefas para si mesmo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).