Un home falece ao caerlle unha árbore enriba en Ponteceso
20:40 16/04/15
Como estamos estes días de traxedias na Costa da Morte. Arrincaba a semana cun falecido en Fisterra ao caer do seu tellado, e esta tarde de xoves 16 de abril, un home falecía tras caerlle un piñeiro enriba cando estaba a cortar leña, na parroquia de Pazos, no concello coruñés de Ponteceso.
Trala alerta dun particular, minutos antes das 17:00 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, que só puido confirmar o falecemento da persoa. Ata o lugar desprazáronse, ademais das forzas da orde e dos efectivos sanitarios, o persoal do GES de Ponteceso.
Os axentes da Garda Civil confirmaron que non se trata dun accidente laboral, xa que o home estaba a realizar tarefas para si mesmo.
Novas relacionadas
- 16-04-15: Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo.
- 14-04-15: Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra.
- 13-04-15: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- 02-04-15: Falece un neno de 8 anos ao caer dun balcón en Fisterra.
- Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos.
- 02-03-15: Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller.
- 11-02-15: Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos.
- 19-01-15: Calcinada unha vivenda en Corcubión.
- Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).