Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos

Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos

Un veciño do lugar de Atán, en Mazaricos, tivo que ser evacuado esta tarde polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela debido ás feridas provocadas por unha caída no seu domicilio. Segundo explicaron os servizos sanitarios de urxencia, o ferido se precipitou do alto dun muro. Unha vez recibida a alerta ás 17:10 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención da Garda Civil e do GES de Muros. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

Accidente en Santa Comba

Outra persoa, en Santa Comba, tivo un accidente cunha máquina coa que estaba traballando no lugar de Castriz. Igualmente, a importancia das súas lesións, motivou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que, finalmente, o doente puido ser trasladado en ambulancia. O accidente se produciu ao fío das cinco desta tarde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios