Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller

Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller

Os Bombeiros de Santa Comba extinguiron esta madrugada un lume que se iniciou nun taller situado no lugar de Vilar de Costa, en Mazaricos. Ás 04:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia, recibía a chamada dun alertante que indicaba que ardía maquinaria dentro dun taller. De inmediato, se pasou aviso aos efectivos do parque comarcal e ao GES de Muros, ademais, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Santa Comba.

Unha vez no lugar, controlado e extinguido o lume, os bombeiros confirmaron ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia que ardeu unha pá, e que se viu afectado un pneumático dun tractor e unha motoserra. Tamén, unha botella de osíxeno e dúas bombonas de butano que había no interior do local se viron afectadas pola alta temperatura rexistrada no recinto, que sen causar mais danos sacáronas para o exterior e refrixeraron.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios