Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha muller perde a vida nun accidente en Coristanco e un pontecesán é arrollado por un tren en Suiza

Unha muller perde a vida nun accidente en Coristanco e un pontecesán é arrollado por un tren en Suiza

Unha moza de 24 anos perdía a vida esta tarde de xoves 19 de decembro nun accidente que tivo lugar na estrada comarcal que une Carballo e Fisterra a altura de Augalada, no Concello de Coristanco. Ademais, una muller de 45 anos resultou ferida e xa está no CHUAC, logo de ser trasladada en helicóptero.

O accidente entre dous vehículos tiña lugar arredor das 16:00h e ao lugar acodiron o 061, Protección Civil e o GES de Ponteceso e os bombeiros de Carballo que tiveron que realizar labores de excarcelación da muller ferida.

Arrolado por un tren en Suiza

As malas novas exténderonse á noite, cando un veciño de Tella, Ponteceso, de 27 anos, perdía a vida arrollado por un tren en Berna, Suiza. O mozo, fillo de emigrantes, cruzaba nun coche cunha muller de Sada que tamén perdía a vida.

Fonte

Comentarios