Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Volven as Aulas Científicas ao Entroido da Fundación Eduardo Pondal

Aulas Cientificas Eduardo Pondal
Volven as Aulas Científicas ao Entroido da Fundación Eduardo Pondal

Como xa é habitual, as estancias da Fundación Eduardo Pondal volverán a encherse de nenos, nenas, mozos e mozas en búsqueda de coñecementos. Este próximo sábado, 5 de marzo volven as Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal.

Pero nesta ocasión non o farán soas, xa que dende a Fundación suman dúas novas actividades á oferta educativa.  Trátase de obradoiros audiovisuais e de radio. No de audiovisuais as persoas asistentes poderán coñecer diferentes formas de crear contido, tanto para redes sociais como para outras plataformas, con ferramentas accesibles e gratuitas. Moitas delas non só lles valerán para ocio, se non tamén para desenrolar habilidades técnicas que incluso poden favorecer determinados futuros laborais.

Na actividade de radio aprenderán a escribir, locutar e editar para ser escoitados. Con isto poderán elaborar anuncios, contos radiados ou calquera elemento que compartir a través de podcast ou redes sociais.

Ambas actividades vanse levar a cabo de xeito ameno e divertido, para que as persoas asistentes aprendan pero tamén pasen un anaco agradable. As inscripcións faranse o mesmo sábado ás 9.45 horas na Fundación Eduardo Pondal.

A maiores, O Couto celebra o domingo ás 12.30 horas a entrega de premios do Concurso Coplas de Entroido 2022, organizado pola Asociación Cultural Monte Branco. A persoa homenaxeada deste ano é Matilde de Limiñoa.

O obxectivo deste certame é darlle valor e promocionar as nosas crenzas e costumes ademáis de fomentar a creatividade literaria. Foron 11 as persoas que se esforzaron en presentar as suas creacións. E o ganador ou gañadora coñeceremolo este vindeiro domingo, 6 de marzo, na Casa dos Veciños do Couto. O xurado está conformado por Mar Suárez, Pepe Alborés e Diana Varela Puñal.

No acto, ademáis de coñecerse o veredicto do xurado, lerase unha semblanza e un grupo de cantareiras interpretarán, na honra da homenaxeda, Maneo e Muiñeira de Seavia. Tamén haberá petiscos e música para os asistentes.

Comentarios