A Xunta valora o traballo en promoción das ensinanzas STEM da Fundación Eduardo Pondal

Francisco Conde coa rapazada da Escola de Verán

Falabamos na presentación da envexada, en todo o país, Escola de Verán do Couto. Onte foi o propio Conselleiro Francisco Conde o que viu de primeira man o horto ecolóxico, os contacontos, a radio, os saberes de mulleres, as visitas e actividades científicas…

Porque a escoliña da Fundación Eduardo Pondal é un fervedoiro de actividades. De feito, Conde destacou o traballo desta entidade no impulso ás vocacións científicas nos máis novos. Nesa liña coñeceu a Ester Vázquez, unha das alumnas das Aulas Científicas Isidro Parga Pondal que representará a España no Stockholm Junior Water Prize, coñecido como o Nobel Júnior da Auga.

Esther Vázquez con Francisco Conde

Como a Escola de Verán, as Aulas Científicas Isidro Parga Pondal contan coa colaboración da Xunta, neste caso en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain) dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Novas relacionadas