O Asalto e o Festiletras descobren novas actuacións

Xa coñecimos o primeiro avance tanto do Festiletras como do Festival do Asalto ao Castelo de Vimianzo. E esta semana dúas das citas máis esperadas do verán costeiro deron máis pistas sobre como van ser estas edicións.
Festiletras
A pequena aldea do Couto segue sumando nomes ao meirande festival da lingua de toda Galicia. Afianzado xa no mes de setembro, celebra a súa 40ª edición por todo o alto. Do melloriño do país en todas as artes pasará polo estrado, como é o caso de Baiuca, que virá con banda para demostrar por que está sendo unha das meirandes revolucións da música tradicional galega a base de fusión por todo o estado.
Sumarémoslle en clave musical Elvis Negro, o veterano músico do undergroung galego, e Lóstregho, a banda da casa que traerá a súa garra para darnos un bo Zarpazo de tralla.
Completa o cuarteto de novidades, Quico Cadaval, un dos grandes dramaturgos e contahistorias do noso país.
Nativa é a nova confirmación do Asalto ao Castelo
O Asalto, poderá celebrar xa a súa catalogación como Festa de Interese Turístico, xa ten outro nome para o seu escenario. Ademais dos Sés e Talco, anunciados hai unhas semanas, Nativa é o novo nome do festival irmandiño para a noite do 2 de xullo.
Trátase dun grupo formado por excompoñentes do exitoso grupo La Raíz, tralo parón da banda por tempo indefinido.
Novas do Festiletras
- Festiletras 2022: Carlangas, Xabier Díaz, The Rapants e Rodrigo Cuevas, primeiras confirmacións do Festiletras.
- Festiletras 2021: O Festiletras, a aldea que fai o evento cultural máis importante de Galicia .
- Festiletras 21: A música infantil abriu un novo e espectacular Festiletras na aldea gala do Couto.
- Agosto 21: 160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país.
- Marzo 2021: Xarda: 30 anos de vida veciñal e cultural no Couto.
Novas do Asalto
- Asalto 22: O Asalto poderá celebrar o 25 aniversario como Festa de Interese Turístico Galego.
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario.
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
Outros artigos
- “Martelos e lobos”, o texto recuperado polo Arquivo Provincial sobre o a revolta irmandiño do Asalto ao Castelo.
- As 11 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte.