Luns. 14.10.2024
El tiempo

160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país

Escolina de Veran do Couto 2021
160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país

Cabaña, horta, pista de fútbol de herba natural, escenario para o baile, areeiro, biblioteca… Hai de todo na 39ª edición da Escoliña de Verán que artellan a Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco. Un dos campamentos de verán máis singulares de todo o país, que, como sinalou onte Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade, facilita a conciliación familiar e laboral, un paso chave para acadar a plena igualdade.

Son 160 nen@s de 3 a 17 anos, chegados dos concellos da contorna (Cabana, Laxe, Malpica e por suposto, Ponteceso), os que poden gozar da experiencia que mestura a cultura rural, coa artística, bañada de creatividade.

Son varias as cousas que cómpre sinalar: un grupo excecional de formadoras novas, cun futuro incrible na docencia. E máis singular aínda é o grupo de voluntari@s, a maioría veciñ@s xubilados da aldea, que axudan sobre todo nas entradas e nas saídas para que os pais/nais non se aturullen demasiado.

Escola de Veran do CoutoEscoliña de Veran da Fundacion Monte Blanco

O 3 de setembro rematará esta singular Escoliña, pero a actividade da Fundación non para, pois do 1 ao 5 de setembro toca a edición do Festiletras.

Novas relacionadas

Comentarios