Domingo. 07.08.2022
El tiempo

265 rapaces disfrutan do luxo da Escola de Verán do Couto

Escola de Veran do Couto 2022
265 rapaces disfrutan do luxo da Escola de Verán do Couto

40 anos cumpre a Escola de Verán máis envexada do país. Todo o ano leva esperando a rapazada de Bergantiños a chegada de agosto para poder disfrutar do Couto, de todas as súas actividades e das marabillosas formadoras que os coidan.

Arrinca hoxe, martes de 2 agosto, a Escola e eran 265 as crianzas, “265 soles os que iluminan o ceo da aldea do Couto”, como anunciaba a organizadora Fundación Eduardo Pondal. Durante un mes disfrutarán de ducias de actividades vinculadas ca terra, coa forma de aprender máis natural e moderna do que se pode ver en toda Galicia.

A Escola rematará coincidindo coa primeira xornada do Festiletras, dedicado, como nos últimos anos, para estes privilexiados “soles”.

IMG_20220802_133015
 O voluntariado

Unha escola que conta ademais con case medio centenar de voluntarias, nomeadamente veciñas maiores da vila, o que demostra o arraigo desta entidade na vila.

Escola de Veran do Couto 2022 2

Aula de cine con Omar Rabunal
Aula de cine con Omar Rabuñal 

Novas relacionadas

comentarios