Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dous pontecesáns á final europea do Premio Nóbel de Auga Xuvenil co seu sistema de prevención contra as inundacións

Esther Suárez e Diego Castro na Fundacion Aquae
Esther Suárez e Diego Castro na Fundacion Aquae
Dous pontecesáns á final europea do Premio Nóbel de Auga Xuvenil co seu sistema de prevención contra as inundacións

Apenas teñen 17 anos pero coñecen de preto o que implican as constantes inundacións que provoca o río Anllóns en Ponteceso. De aí que, estes dous alumn@s do IES de Ponteceso e das Aulas Científicas Isidro Parga Pondal da Fundación Eduardo Pondal, formularan un proxecto tecnolóxico enfocado á previr e paliar os efectos colaterais das inundacións, co que participan en certames internacionais.

Chamáronlle ”Nunca choveu que non escampara”, e despois de presentarse a unha feira cientifica en Barcelona en febreiro e saír con tres premios, este pasado mércores Esther Suárez e Diego Castro foron a Madrid nun viaxe express a presentar o seu traballo no marco das finais estatais do Premio Nóbel organizadas pola Fundación Aquae.

Ao día seguinte recibiron a nova de que serían os encargados de representar a España país no premio Nobel Junior de Agua e Sostibilidade este verán no marco do “Stockholm Junior Water Prize 2022”.

O sistema monitoriza o nivel do río, creando un algoritmo que anticipa as crecidas, e a súa innovación, incorporación do bigdata, e a súa fácil implantación foron moi valorados polo xurado.

Aquí explican os alumn@s o orgullo de chegar a este nivel:

Comentarios