martes. 12.11.2024
El tiempo

A artista xalleira Eva Antelo estrea nova exposición en Compostela

Exposicion Eva Antelo
A artista xalleira Eva Antelo estrea nova exposición en Compostela

Eva Antelo é unha artista de Santa Comba, graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Producción Artística Interdisciplinar pola Universidade de Málaga. A súa obra formou parte de múltiples exposicións e certames por todo o territorio galego, España, Francia e Portugal; ademais de residencias artísticas e outros proxectos de creación cultural.

E está de estrea. Hoxe venres 25 de outubro inaugura a súa exposición "Parágrafos e formigón" no espazo de arte Defímeras, que segue apostando polo talento novo. O proxecto da artista xalleira propón entender a palabra como espazo habitable, explorando os paralelismos entre a escritura e a construción dunha vivenda. O texto escrito e o plano arquitectónico son recipientes de voz e fogar; a súa forma, estrutura, distribución... guían o desenvolvemento dese futuro habitar das ideas e dos corpos, respectivamente.

As pezas que forman parte da exposición indagan nesta hibridación do espazo e da linguaxe, na que casa e texto se revelan como conceptos análogos. Dende un achegamento conceptual e transitando diversas técnicas e disciplinas, "Parágrafos e formigón" plantexa a posibilidade de ler unha casa, pórlle ventás a un texto, abrirlle a porta a unha frase, ou construír un punto e coma.

 

Comentarios