Axentes Ambientais controlan as limitacións de tamaño e número na pesca dos ríos costeiros
Semanas de actividade nos ríos por parte dos Axentes Ambientais de Galicia. Veñen de realizar diferentes accións contra o furtivismo nos ríos da comarca, procedendo a denunciar varios pescadores por pesca ilegal.
Por exemplo, este mércores a patrulla descrubiu un pescador no Río Abuín, Santa Comba, en posesión de troitas que non respectaban a limitación de tamaño. Procedeuse a denunciar e a incautar as pezas capturadas (trasladadas a un centro benéfico), ademais de incoar unha sanción de 600€, ademais da valoración das pezas ocupadas por tamaño e número para o cálculo de indemnización.
O pasado martes tocou vixilancia polo Río Castro, Vimianzo, onde atoparon un pescador con troitas que non respectaban as limitacións de número e tamaño.
Igualmente, a pasada semana, o pasado venres tiña lugar unha nova acción dos Axentes no río Touzas, Dumbria, segundo informa o Sindicato de Axentes Medioambientais/Forestais de UGT Galicia.
Troitas incautadas no río Touzas, Dumbría