Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Axuda en Acción fomenta o talento dixital entre a mocidade xalleira

XallasLab de ONG Ayuda en Accion en Santa Comba
Axuda en Acción fomenta o talento dixital entre a mocidade xalleira

Interesantísimo curso o que comeza o vindeiro 3 de febreiro en Santa Comba. A ONG Axuda en Acción trae á capital xalleira o seu programa de fomento da creatividade e o talento dixital para a mocidade. O XallasL@b ten 17 prazas para que mozos/as de 12 a 19 anos reciban unha formación en novas tecnoloxías que rompa a fenda dixital do noso rural.

Robótica, aplicacións web, deseño gráfico, programación… serán algunhas das temáticas que se tratarán neste espazo alternativo de aprendizaxe, que dura 6 meses os mércores e venres de 17:30 a 19:00h.

Podes inscribirte xa no 981 10 43 09 ou no 672 340 327, antes do 20 de xaneiro.

Comentarios