O azar deixou en Santa Comba entre 2000 e o 2019 máis de 55 millóns de euros
Cando dicimos que ”sempre toca en Santa Comba”, é por algo. Así o corrobora o técnico municipal José María Suárez, que lembra que o Concello xalleiro non falla case nunca á súa cita co azar. De feito, desde o ano 2.000, sólo en dous anos (2004 e 2011) Santa Comba non recibiu ningún premio. Pero pola contra ata en sete ocasións (2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2010 e 2014) houbo premios por partida doble.
Este ano, non fallou, e aínda quedan varias datas importantes. O pasado 15 de setembro cumpliu coa súa cita anual cos premios de Loterías y Apuestas del Estado cun único boleto premiado con 163.000 euros.
En total, Santa Comba recibiu entre os anos 2000 e o 2019 unha cantidade de 55.662.407 € en premios de xogos de azar, en cantidades e premios que se poideron documentar. Xa que, por exemplo en 2006 tocou en outras dúas ocasions o cupón da Once pero non se poido documentar en que cantidade. También hai premios que quedaron no anonimato.
A ONCE, a que máis sorte deixa en Santa Comba
En nove ocasións houbo premios do Cupón da Once, que son as apostas que máis cartos e máis premios deixaron no municipio. En total caeron no municipio un total de nove premios (2000, 2001, 2002, 2003, 2006, 2009, 2010, 2014 e 2016) que deixaron algo máis de seis millóns de euros. O premio máis cuantioso foron 3,25 millóns de euros do ano 2003 e o 1,5 millóns do ano 2000.
A lotería primitiva leva repartidos no municipio algo máis de 2,5 millóns de euros repartidos en seis premios (2002, 2006, 2008, 2012, 2013 e 2019). O máis suculento foron os algo máis de dous millóns de euros do ano 2002.
En seis ocasións (2003, 2005, 2008, 2015, 2017, 2018) houbo no municipio premios da lotería nacional, incluíndo do nadal do ano pasado. Os máis cuantioso foron os 603.000 euros do ano 2015 e os 600.000 euros do ano 2008. A cuantía total de premios ascende a case 1,8 millóns de €uros.
A Bonolo deixou 30.000 euros no ano 2014 e o Euromillóns 303.000 €uros no ano 2010. Aínda que hai que sinalar que o famoso boleto do ano 2005 premiado con 45 millóns da lotería primitiva, que foi o máis cuantioso ata aquel momento veu íntegro para Santa Comba. Ao igual que sucedeu con este premio a diosa fortuna non sempre chega a Santa Comba en forma de xogo de azar vendido ou selado no municipio. Así sucedeu no ano 2010, cando, alomenos tres, dos sete boletos do cupón da Once vendidos no veciño municipio de Coristanco (lugar de Erbecedo) viñeron para Santa Comba, adquiridos por veciños da parroquia de Castriz. Anos antes una empresa de autobuses radicada no municipio traía para Santa Comba e desde Sevilla, uns décimos premiados cun pellizco da lotería de nadal.
A canto equivale
Estas cantidades arroxan unha media de case 3 millóns de euros en premios por ano. Si os repartiramos de forma igualitaria entre os vecinos do municipio cada un deles levaría o redor de 6.000 euros. Si os cartos foran municipais o concello podería invertir o redor de 3,2 millóns e euros por parroquia. Equivalen o presuposto municipal para algo máis de 9 anos. Supoñen o Plan Único de obras que a Diputación da Coruña destina anualmente ao Concello de Santa Comba para casi 69 anos.
Curiosidades
Santa Comba non só recibe premios económicos. Anos antes, na década dos 80, un Ferrari Mondial Cabriolet diseñado polo prestixioso creador Pininfarina, sorteado pola marca de vaqueiros Grin´s veu a parar a Santa Comba, por medio dun pantalón que precisamente se vendeu nunha tenda de roupa de Santa Comba.
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 2017: A Lotaría volve deixar premio en Santa Comba:
- Abril 2016: Sempre toca en Santa Comba.