venres. 06.06.2025
El tiempo

Carmen V. Valiña leva o seu libro sobre as mulleres de Conxo a Santa Comba

Carmen V Valina no Baion
Carmen V. Valiña presentando o seu libro na feira de BaiON
Carmen V. Valiña leva o seu libro sobre as mulleres de Conxo a Santa Comba

Tras presentalo na casa, en Baio, este xoves 5 de xuño, ás 20 h, a libraría Ler Santa Comba, acolle a presentación de "As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936", de Carmen V. Valiña. Acompañando a autora, estará Laura Veiga, xornalista e sexóloga.

A baiesa rescata do esquecemento as voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo entre finais do século XIX e o comezo da Guerra Civil.

Tolas Carmen Valina Santa Comba

Nun relato documentado e conmovedor, a autora achéganos á realidade de mulleres que sufriron o encerro non por enfermidade, senón por ser quen eran: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Unha dobre condena, social e institucional.

A través de historias como a de Amalia, que fumaba cigarros rubios no vapor Habana; ou María, escribindo á súa filla tras un Nadal no inferno; ou mesmo Elena, cunha mirada que aínda busca sentido máis alá das paredes do manicomio, o libro constrúe unha memoria colectiva necesaria. As súas voces, feridas e verdadeiras, saen das follas para lembrarnos que o que queda nas marxes tamén importa. E debe ser contado.

Comentarios